Saltar ao contido principal
Xornal
Portada de Roberto Nóvoa Santos. Las primeras páginas
Portada de Roberto Nóvoa Santos. Las primeras páginas

Título: Roberto Nóvoa Santos. Las primeras páginas

Autor: Fernando J. Ponte Hernando e Javier del Valle-Inclán Alsina

Editorial: Auga Editora e Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Comnpostela

Lugar e ano: Santiago de Compostela 2011

Segundo o profesor da Universidade de Boston Thomas F. Glick, moitas promocións médicas ao inicio do século XX  distinguironse polo seu profundo sentido social, como foron os coñecidos casos de Gregorio Marañón, Juan Negrín, José Sanchís Banús ou Juan Madinaveitia, mestre dalgúns deles. O labor científico e divulgador de Roberto Nóvoa Santos está nesta mesma liña, pois era un home ávido de ideas non só científicas senón tamén sociais. A súa obra é enciclopédica e gran parte dela está por estudar e difundir no noso tempo.

A intención deste libro, así pois, é acercar ao lector algúns textos pouco ou nada coñecidos de Nóvoa Santos, artigos xuvenís de carácter anarquista dos que só tiñamos constancia por unha colaboración en La Revista Blanca. Moitos dos seus artigos apareceron baixo o pseudónimo de Pedro Novoakow entre 1903 e 1905 en catro cabeceiras anarquistas. Agora se rescatan íntegros e se presentan comentados coas correspondentes notas explicativas.