Saltar ao contido principal
Xornal
Portada de Dinámica cerebral
Portada de Dinámica cerebral

Título: Dinámica cerebral

Autor: Justo Gonzalo

Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela

Lugar e ano: Santiago de Compostela 2010

O presente volume inaugura a serie “Profesor José Mira Mira” en Neurociencia e Computación, recordando a investigación do neuro-científico Justo Gonzalo (Barcelona 1910 - Madrid 1986) no centenario do seu nacemento. Tras especializarse en Austria e Alemaña (1933-35), Justo Gonzalo desenvolveu unha nova investigación sobre o córtex cerebral humano baixo as adversas condicións da Guerra Civil española e dos anos posteriores. A partir do estudo de numerosos feridos cerebrais de guerra (Valencia 1938-39) e outros casos, describiu fenómenos como a facilitación multisensorial, ou a percepción invertida, algúns deles só recentemente observados e outros aínda descoñecidos, que interpretou baixo unha concepción fisiolóxica dinámica e un modelo funcional baseado en gradientes a través do córtex e leis de escala, ofrecendo un concepto unitario do córtex e unha solución dinámica ás localizacións cerebrais, en estreita conexión con estudos actuais.

Este libro reproduce en forma facsimilar os dous tomos –orixinariamente publicados polo CSIC en 1945 e 1950 respectivamente- da obra onde J. Gonzalo expuxo parte da súa investigación, que tivo no seu tempo unha notoria acollida internacional. Tamén se recollen, como suplementos, unha publicación posterior (1952) con datos e conceptos adicionais, e un texto e ilustracións, inéditos ata agora, con conceptos máis avanzados, todo elo preparado para esta edición por Isabel Gonzalo Fonrodona.