Saltar ao contido principal
Xornal
Portada de Nobleza y régimen señorial en Galicia
Portada de Nobleza y régimen señorial en Galicia

Título: Nobleza y régimen señorial en Galicia

Autor: Antonio Presedo Garazo

Editorial: USC Editora académica

Lugar e ano: Santiago de Compostela 2011

Esta obra analiza os estados nobiliarios galegos nos séculos XVI e XVII a partir do exemplo concreto da Casa e Estado de Montaos, pertencente á liñaxe Bermúdez de Montaos/de Castro.

Entre os mecanismos económicos e sociais dos que se valen os membros de dita liñaxe á hora de consolidar as bases señoriais e simbólicas do patrimonio acumulado pola súa Casa entre 1415 e 1550, destacan a posta en funcionamento dunha dinámica reprodutiva centrípeta que ten nesta o seu referente, a súa intervención no mercado da terra e a conflitiva usurpación señorial ao arcebispo de Santiago de Compostela.

O asasinato de dona Lucrecia Bermúdez de Castro a finais de 1589 marca un punto de inflexión na súa evolución. Se antes, os xefes da Casa residiran en Galicia, cando menos ata 1569, empregando os seus esforzos en consolidar un patrimonio de consideración e unha rede local de clientes propia, ademais de establecer alianzas con outras liñaxes nobres de orixe baixomedieval; a partir de entón, este estado nobiliario se agregará a outras casas nobres castelás, proporcionando aos seus titulares unha porcentaxe reducida dos seus ingresos totais anuais.