Saltar ao contido principal
Xornal
Portada de Revista Galega de Economía
Portada de Revista Galega de Economía

Título: Revista Galega de Economía

Autor: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC

Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC

Lugar e ano: Santiago de Compostela 2011

A revista é unha plataforma editorial para a publicación de artigos de investigación sobre calquera das especialidades do campo da Economía e da Administración e Dirección de Empresas, de periodicidade semestral.

Nesta edición, volume 20, número 1, inclúense once artigos, tres recensións bibliográficas e dúas teses de doutoramento. Entre os artigos encóntranse os seguintes títulos: 'Cara á sostibilidade: buscando puntos de encontro entre a economía ambiental e a economía ecolóxica'; 'Políticas contra o cambio climático e preferencias sociais en Galicia e España'; 'Os mercados de carbono na Unión Europea: fundamentos e proceso de formación'; 'A Lei de Augas de Galicia: unha nova economía da auga?'; 'Implicacións ambientais do proceso de implantación dos parques eólicos: a situación en Galicia'; 'Xestión ambiental das cadeas loxísticas: concepto e caso de estudo'; 'Directrices para orientar a xestión ambiental cara á creación de valor empresarial'; 'Os viveiros galegos como instrumento de desenvolvemento local: situación actual e liñas futuras de mellora'; 'Evolución e importancia económica das denominacións xeográficas de calidade galegas'; 'Calidade, orientación ao servizo dos empregados e ratio H/E: efecto das características dos hoteis'; e 'Deberían os accionistas poder votar a retribución dos directivos?'.

 A revista inclúe ademais tres recensións bibliográficas 'L. Otero e P. Durán: El análisis financiero dinámico como herramienta para el desarrollo de modelos internos en el marco de Solvencia II' realizada por Jesús Barreal Pernas; 'J. Celaya: La empresa en la Web 2.0' de Rocío González Sánchez e 'A. Martínez , J. Mirás e E. Lindoso: La industria del gas en Galicia: del alumbrado por gas al siglo XXI, 1850-2005' de Alfredo Macías Vázquez.
 
Por último, tamén encontraremos neste volume a tese de doutoramento de Rosa María Regueiro Ferreira titulada 'Xénese e desenvolvemento do sector eólico en Galicia (1995-2010): marco institucional, aspectos económicos e efectos ambientais' e a 'La cobertura del riesgo cambiario en las empresas cotizadas españolas: análisis de los determinantes y del impacto sobre la creación del valor' de María Milagros Vivel Búa.