Saltar ao contido principal
Xornal
Portada de Iconos de la tiranía: La recepción crítica de
Portada de Iconos de la tiranía: La recepción crítica de 'Tirano Banderas' (1926-2000)

Título: Iconos de la tiranía: La recepción crítica de 'Tirano Banderas' (1926-2000)

Autor: Dru Dougherty

Editorial: Universidade de Santiago de Compostela

Lugar e ano: Santiago de Compostela 2011

Esta obra repasa a recepción crítica da novela de Valle-Inclán, 'Tirano Banderas', dende a súa publicación a finais de 1926 ata o 2000, destacando a variedade de acercamentos e sinalando os estudos que máis contribuíron ao seu esclarecemento.

Verdadeiro vademécum, esta monografía pon a disposición do lector todas as reseñas xornalísticas coñecidas da novela. Tamén inclúe comentarios, entre outros, de Ernesto Giménez Caballero, Enrique Díez-Canedo; Cipriano Rivas Cherif e Guillerno de Torre sobre o seu impacto nas letras españolas entre 1924 e 1936. Cerra o volume a reimpresión de doce artigos de destacados estudosos sobre a ‘novela de terra quente’, e unha bibliografía posta ao día polos coñecidos valleinclanistas Javier Serrano Alonso e Amparo de Juan Bolufer.

Dru Dougherty (1943-Helena, Montana), catedrático da Universidade de California, Berkeley, publicou máis de corenta ensaios e catro libros sobre a vida e obra de Ramón María del Valle-Inclán. Outras liñas de investigación abertas polo catedrático de Berkeley inclúen a escenificación da modernidade no teatro español do século XX, a variedade e a puxanza de poéticas líricas en España a partir de Bécquer, e a representación da guerra moderna en textos literarios.