Saltar ao contido principal
Xornal
Portada de 2ndIMIL. 2nd Iberian Meeting on Ionic Liquids
Portada de 2ndIMIL. 2nd Iberian Meeting on Ionic Liquids

Título: 2ndIMIL. 2nd Iberian Meeting on Ionic Liquids

Autor: Varios

Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela

Lugar e ano: Santiago de Compostela 2011

2ndIMIL continúa e consolida a exitosa tradición comezada en Aveiro en xuño de 2009 nas reunións da comunidade ibérica de investigadores de  líquidos iónicos celebradas cada dous anos. A principal meta destas reunións é xuntar aos especialistas ibéricos (así como colaboradores de outras partes do mundo) que traballan neste campo para compartir o noso respectivo coñecemento e pericia nos moitos campos da investigación relacionada cos líquidos iónicos. Aspiramos a crear o ambiente perfecto para dar lugar a sinerxias fructíferas entre a comunidade ibérica neste prometedor, excitante, rápido e cambiante campo.

O programa de 2ndIMIL inclúe 28 presentacións orais e 58 carteis. Nas presentacións orais inclúese unha conferencia aberta e catro conferencias plenarias relacionadas cos diferentes tópicos que se unen en varias sesións: síntese e extracción, medición experimental e modelos teóricos e de simulación.