Saltar ao contido principal
Xornal
Portada de Cuadernos de español como lengua extranjera
Portada de Cuadernos de español como lengua extranjera

Título: Cuadernos de español como lengua extranjera

Autor: M. Carmen Losada Aldrey

Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela

Lugar e ano: Santiago de Compostela 2011

‘Cuadernos de español como lingua extranjera’ é unha nova proposta, dinámica e rigorosa nas súas formulacións metodolóxicas e didácticas para a ensinanza e aprendizaxe do español no contexto universitario.

Este segundo volume de vocabulario, titulado ‘El español idiomático da juego. 150 fraseologismos con ejercicios, nivel umbral (B1)’ é unha obra práctica de fraseoloxía española cun importante número de elementos innovadores como fraseoloxismos, que veñen tratados en bloques temáticos, atendendo a un criterio de ordenación onomasiolóxica; ilustracións que contribúen a fixar a imaxe subxacente ao fraseoloxismo e así a reter a cadea léxica que o conforma; exemplos aportados que rebelan un alto grao de autenticidade e naturalidade, posto que na súa maioría proceden de bases de datos actuais (CREA e Internet) e exercicios creados que estimulan a construción do coñecemento por parte do usuario na liña de ‘aprender a aprender’. A configuración dos exercizos potencia o uso dos fraseoloxismos na interacción oral e co apartado de ‘Referencias’ ofrécese un repertorio moi nutrido de recursos para que o usuario poida traballar de maneira autónoma. Ademais, ofrécese a posibilidade de relacionar certas locucións españolas cos seus equivalentes funcionais en outras linguas europeas coñecidas polo usuario, de tal modo que se contribúe non só ao enriquecemento da competencia idiomática multilingüe, senón tamén ao desenvolvemento dunha competencia comunicativa intercultural.

O presente caderno consta de once unidades didácticas que abordan temas como as accións do home como ser vivo; a descrición física e a personalidade; a saúde; os estados e sentimentos; as relacións; os problemas e as solucións; a comprensión e o coñecemento; a comunicación; os cartos e o esforzo, o éxito e o fracaso. A última unidade didáctica está dedicada a un repaso xeral. As solucións aos exercicios propostos no caderno, un glosario e referencias compoñen a parte final do volume.