Saltar ao contido principal
Xornal
Portada de A Domus do Mitreo
Portada de A Domus do Mitreo

Título: A Domus do Mitreo

Autor: Varios

Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela

Lugar e ano: Santiago de Compostela 2011

A Domus do Mitreo é o catálogo da exposición homónima realizada en Lugo, que inclúe unha serie de textos relacionados coa historia tanto da Domus do Mitreo como da cidade das murallas. Así, forman parte deste volume os seguintes títulos: ‘Lvcvs Avgvsti e a Universidade de Santiago de Compostela’ de Raquel Casal García e Fernando Acuña Castroviejo, ‘A Domus do Mitreo’ de Celso Rodríguez Cao; ‘O mitreo de Lucus Augusti no contexto do mitraísmo hispano’ de Jaime Alvar Ezquerra; ‘Estudo numismático’ de Santiago Ferrer Sierra; ‘Estudo de vidro’ de Manuel Xusto Rodríguez; ‘Estudo de cerámica’ de Enrique J. Alcorta Irastoza; ‘Estudo metalístico’ de Carmelo Fernández Ibáñez; ‘O contexto histórico e urbano da praza de Pío XII’ de Adolfo de Abel Vilela; ‘A necrópole medieval’ de Luis Cordeiro Maañón e Celso Rodríguez Cao; ‘Estudo antropolóxico da necrópole’ de Soraya Paz Rodríguez e ‘Reconstrución virtual da Domus do Mitreo’ de Alicia Colmenero Fernández e Celso Rodríguez Cao.

Por último a obra conta con catálogo das pezas da exposición: de cerámica, realizado por Enrique J. Alcorta Irastoza; de vidro, a cargo de Carmelo Fernández Ibáñez; de metais, realizado por Manuel Xusto Rodríguez e outras pezas, de Celso Rodríguez Cao.