Saltar ao contido principal
Xornal
Portada Revista Galega de Educación
Portada Revista Galega de Educación

Título: REVISTA GALEGA DE EDUCACIÓN, Núm. 50 e 51

Autor: Varios

Editorial: Nova Escola Galega

Lugar e ano: Santiago de Compostela 2012

Publicación editada polo Movemento de Renovación Pedagóxica “Nova Escola Galega”, acaba de cumprir os seus 25 anos de vida. Para conmemoralo, vén de editar o seu número 50, un número recompilatorio do seu primeiro cuarto de século de existencia. Nel pode atoparse un baleirado dos artigos incluídos nos corenta e nove números precedentes, actualizando deste xeito os recursos que a propia publicación ofrece aos profesionais da educación. Paralelamente, o número conmemorativo inclúe unha pequena antoloxía de traballos publicados no seu día e que conservan toda a súa actualidade.

De maneira practicamente simultánea, a RGE acaba de sacar á rúa o seu número 51, centrado na súa parte monográfica nos xoguetes tradicionais e a na súa utilidade educativa nos tempos de hoxe. Neste número inclúense colaboracións de especialistas galegos como Xosé López e Xosé Manuel García (coordinadores do monográfico e investigadores sobre a materia) ou de Antón Cortizas, pero tamén de especialistas bretóns, portugueses, valencianos, cataláns e aragoneses.