Saltar ao contido principal
Xornal
Portada de Carlos Casares en La Voz de Galicia
Portada de Carlos Casares en La Voz de Galicia

Título: Carlos Casares en la Voz de Galicia

Autor: Carlos Casares

Editorial: Biblioteca Gallega

Lugar e ano: Santiago de Compostela 2012

Dende moi novo, Carlos Casares (Ourense, 24 de agosto de 1941-Vigo, 9 de marzo do 2002) entendeu e dominou a escrita para a prensa, que cultivou nos seus xéneros máis variados.

Pero foi na súa sección Á marxe de La Voz de Galicia onde desenvolveu con gran éxito un columnismo tan persoal como el mesmo. Definida moitas veces como unha novela aberta, Á marxe foi, en realidade, un dos proxectos máis senlleiros de manter un diario e, por que non, memorialístico, da literatura galega.

Os 59 artigos que recolle esta edición conmemorativa dos dez anos do seu pasamento son uhna cativa pero cumprida mostra de Casares para o artigo e o conto.