Saltar ao contido principal
Xornal
Portada de Knowledge and Practical Reason: Paul Ricoeur
Portada de Knowledge and Practical Reason: Paul Ricoeur's Way of Thinking

Título: Knowledge and Practical Reason: Paul Ricoeur's Way of Thinking. Conocimiento y razón práctica. Un recorrido por la filosofía de Paul Ricoeur

Autor: Marcelino Agís Villaverde

Editorial: LIT Verlag

2012

A obra de Paul Ricoeur que vén de ser publicada en inglés pode ser considerada unha fiel expresión da filosofía do século XX e expoñente paradigmático dun novo talante filosófico para o século XXI. Nela danse cita unha ampla variedade de temas e referencias filosóficas que foron obxecto de reflexión e debate ao longo da pasada centuria e que se proxectan ao futuro. E elo, en gran medida porque o seu pensamento, lonxe de quedar estancado e adscrito a unha corrente filosófica ou a unha determinada escola, foi evolucionando en paralelo ás preocupacións e anhelos da contemporaneidade. Este feito, unido á enorme cantidade das súas publicacións, dificultou a recepción do pensamento de Ricoeur como un pensamento homoxéneo e unitario.

Marcelino Agís realiza un percorrido pola filosofía de Paul Ricoeur, mostrándonos as sinais de identidade dun filósofo plural tanto nos temas coma nos interlocutores que seleccionou ao longo da súa actividade intelectual. Agís propón interpretar a filosofía de Paul Ricoeur tomando como fío condutor o seu esforzo por comprender ao home e ao seu mundo, dous ámbitos relacionados tanto co problema do coñecemento como coa dimensión práctica do ser humano en tanto que ser no mundo que interactúa cos demais e consigo mesmo.