Título: As matemáticas e a Astronomía en Galicia
Autor: Iván Fernández Pérez e José Ángel Docobo Durántez
Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC
Lugar e ano: Santiago 2011
Dende o século XVIII á actualidade, este libro achega ó lector á historia da actvidade docente e
investigadora no eido das matemáticas e a astronomía en Galicia. Nel realizase un minucioso
percorrido por institucións e persoas recuperando a obra e dimensión de figuras senlleiras no
desenvolvemento das ciencias matemáticas, a astronomía e a astrofísica. A obra enriquécese con
numerosas imaxes de persoas, edificios, mapas, libros ou aparellos, que testemuñan a fonda raigame
do desenvolvemento científico autenticamente meritorio da Universidade de Santiago de Compostela.
O libro está dividido en tres capítulos. O primeiro trátase dunha síntese histórica dos
principais centros académicos e educativos nos que se ensinaban Matemáticas, facendo ademais unha
breve sinopse dalgún dos seus principais protagonistas. No segundo, o que fai é tratar a evolución
do ensino e da investigación matemática e astronómica na Universidade de Santiago de Compostela.
Finalmente, na terceira parte, o lector atopa unha lista de resumos biográficos dos matemáticos e
astronómicos galegos (tanto falecidos coma vivos que teñan unha traxectoria científica pechada),
entre os que se destacan figuras coma a de Ramón María Aller, a quen a USC homenaxea ó dar o seu
nome ó observatorio astronómico do Campus Vida.
Lucía D. Bóveda