Saltar ao contido principal
Xornal
Portada de la sombra del César
Portada de la sombra del César

Título: La sombra del César. Santiago Montero Díaz, una biografía entre la nación y la revolución

Autor: Xosé Manoel Núñez Seixas

Editorial: Comares

Lugar e ano: Granada

Como explica o profesor da USC no volume, Santiago Montero Díaz (1911-1985), estudante na Universidade de Santiago e bibliotecario en Madrid e Compostela, foi un “fervente nacionalista español, aínda que próximo durante un tempo aos anhelos autonomistas galegos”.
 
Militante no comunismo en 1931-32 no que protagoniza unha disidencia coa dirección do PCE, o seu  enfrontamento co nacionalismo galego levoulle en pouco tempo ás JONS de Ledesma Ramos nas que rexeita abertamente a fusión con Falange Española en 1934. Convertido nun dos catedráticos más novos da Universidade española, a Guerra Civil sorpréndeo en Madrid, onde colaborou coa fronte dos insurxentes. Rematada a guerra e retornado á súa cátedra na Universidade de Madrid, Montero Díaz refuxiouse na ensinanza da Historia Antiga.
 
Desde mediados da década de 1950 experimentou unha crecente aproximación á oposición ao réxime franquista, primeiro como fascista desencantado e máis tarde como partidario dunha “reconciliación nacional cos vencidos”, unido a un renovado e radicalizado sentimento galeguista.
 
Apartado do seu cargo de catedrático por mor da súa participación nos incidentes de febreiro de 1965 e tras un período de exilio académico en Chile, volveu a España en 1967 convertido nunha referencia intelectual e moral para varias xeracións de estudantes durante a última fase do franquismo e a Transición democrática.