Saltar ao contido principal
Xornal
Portada de Menores en Crisis. Propuestas de intervención y medidas reeducativas
Portada de Menores en Crisis. Propuestas de intervención y medidas reeducativas

Título: Menores en Crisis. Propuestas de intervención y medidas reeducativas

Autor: Mª Dolores Fernández Tilve e José Manuel Suárez Sandomingo (Coordinadores)

Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. Campus Vida

Lugar e ano: Santiago de Compostela 2012

Os autores estenden a problemática dos menores en situación de crise non só ao ámbito concreto da familia senón a moitos outros como a escola, a crise laboral, o conflito social, a inmigración dos non acompañados e incluso as crises familiares sobrevidas pola desestruturación familiar. Situacións todas elas que supuxeron a configuración dunha serie de servizos novos por parte das Administracións que están cubrindo unha parte importante da demanda dos menores en crise e que á súa vez deron lugar a novas intervencións por parte dos profesionais dedicados a normalizar as relacións entre os suxeitos e os seus distintos entornos.
 
As persoas encargadas da coordinación da publicación cifran en máis de 8.000 o número de menores que no conxunto de Galicia se atopan en situación de crise (situación de tutela, acollemento familiar, acollemento residencial, adopción nacional, atención de día, atención no programa de terapia familiar, participantes no programa mentor, menores estranxeiros non acompañados con expediente de protección, etc.) e que, polo tanto, requiren unha atención específica para facilitar o seu acceso real ao mundo social e laboral e así garantir as cotas mínimas de calidade de vida.