Saltar ao contido principal
Xornal
Portada de Nova Acta Científica Compostelana- NACC
Portada de Nova Acta Científica Compostelana- NACC

Título: Nova Acta Científica Compostelana- NACC (Bioloxía)

Autor: Varios

Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. Campus Vida

Lugar e ano: Santiago de Compostela 2011

A Nova Acta Científica Compostela é unha publicación científica anual sobre calquera das especialidades relativas ó campo da Bioloxía. Nesta nova edición a memoria estivo composta por 6 apartados e 4 notas breves:

Especies acuáticas do xénero Verrucaria: estúdanse as especies deste xénero resistentes a  inmersión en auga doce, que se atopan nos marxes e leitos dos lagos, ríos e afluentes, pertencentes a 92 localidades da península ibérica.

Dúas novas subespecies do xénero Jasione: proponse a división do Jasione Montana en dúas subespecies: Montana e Paivae en base o diferente número cromosómico atopado nas diferentes morfoloxías detectadas.

Datos sobre Prunus Lusitanica: apórtanse novas localidades desta especia en Galicia, detállanse as súas coordenadas xeográficas. Ademais, apórtanse datos sobre o tipo de vexetación e o hábitat no que se atopa.

Vectores, antigüidade e procedencia das especies alóctonas de auga doce naturalizadas en Galicia:
estudo dos danos que están causando este tipo de especies e como consecuencia disto medición do impacto económico e posibles medidas de prevención.

A queima de xestión de matorrais de Erica ciliaris y Erica tetralix, efectos sobre a estrutura e diversidade: queima experimental destas dúas especies para entender a súa estrutura e diversidade.

Rapaces nocturnas:
estudo destas aves das que hai escasa información dispoñible. O obxectivo deste traballo é determinar a distribución, densidade e abundancia destas rapaces nocturnas.

 

Natalia Nóvoa Vázquez