Saltar ao contido principal
Xornal
Portada de Agora
Portada de Agora

Título: Agora. Papeles de filosofía. Volume 30, Número 2

Autor: Varios

Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. Campus Vida

Lugar e ano: Santiago de Compostela 2011

ÁGORA é unha publicación de filosofía, de periodicidade semestral. É promovida polos Departamentos de ‘Filosofía e Antropoloxía Social’ e ‘Lóxica e Filosofía Moral’ da USC. 

Este volumen está composto de varios artigos de autores diferentes. Concretamente, a obra está dividida en cinco partes.

A primeira está formada por un monográfico que fala do sufrimento dos animais na natureza cuxa idea está defendida por seis artigos precedidos por unha introdución de Óscar Horta. Os artigos son:

  • 1.     God, Animals and Zombies de Joseph Lynch
  • 2.     Sobre o bem de tudo e de todos: a conjunçao impossivel entre ambientalismo e libertaçao animal de Cátia Faria
  • 3.     El sufrimiento animal y la extinción de Ángel Longueira Monelos
  • 4.     La cuestión del mal natural: bases evolutivas de la prevalencia del desvalor de Óscar Horta
  • 5.     De lobos y ovejas:¿les debemos algo a los animales salvajes? De Mikel Torres Aldave
  • 6.     O principio da beneficencia e os animais nao-humanos: uma discussao sobre o problema da predaçao e outros danos naturais de Luciano Carlos Cunha
 

A segunda parte leva o título de Tradución e confórmaa un artigo El argumento de la depredación de Charles Fink traducido por Daniel Dorado e Gianella de la Asunción.

Estudios é  a terceira parte deste volumen. Aquí aparecen dous artigos:

  • 1.     La identificación entre el 'yo' y la proairesis en Epicteto de Rodrigo Sebastián Braicovich
  • 2.     Función sistemática y naturaleza del esquematismo trascedental de Fernando Moledo.
 

Entre as páxinas 189 e 202 aparece unha apartado de Recensións e por último reserváse un espazo para Novedades que inclúe libros recibidos, noticias e revistas.

 

O obxectivo do número desta revista científica é dar a coñecer o problema do mal nos animais non humanos, que é o que se refire ó mal na natureza, o novo problema para a teodicea. Este tema recibiu unha atención crecente nos últimos anos, ata o punto de chamalo, en ocasións, o “novo” problema do mal. Para apoiar esta concepción, este número, está dedicado á análise desta cuestión apoiándose en  varios artigos escritos por autores diferentes pero a conclusión de todos eles é: versar sobre as obligacións que temos as persoas cara os animais non humanos que viven na natureza.

 

Laura Moure Miguélez