Saltar ao contido principal
Xornal
Portada de Tendencias actuales en el cáncer oral
Portada de Tendencias actuales en el cáncer oral

Título: Tendencias actuales en el cáncer oral

Autor: Mario Pérez Sayáns e Abel García García

Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico Campus Vida da Universidade de Santiago de Compostela

Lugar e ano: Santiago de Compostela 2011

Esta obra, na que tamén colaboran Pilar Gándara Vila, José Manuel Gándara Rey e Maria Dolores Reboiras López,  repasa e formación do cancro oral e afonda na cuestión.A pesar da súa elevada prevalencia e mortalidade, o cancro oral está relativamente esquecido nas publicacións científicas. E por iso a pesar de que a investigación básica resulta fundamental para coñecer os aspectos xenético-moleculares que regulan tanto o seu etiopatogénesis como outros factores prognósticos.

Esta monografía, dirixida tanto a estudantes como a investigadores especializados, avalía as tendencias actuais que rexen a investigación deste tipo de tumores, desde a sinxeleza das bases xenéticas e moleculares que regulan o proceso multipaso conducente á aparición da neoplasia maligna ás notas complexas e específicas de diversos hot topics que interveñen no proceso de carcinogénesis, talles como os microRNAS, o papel das bombas de protones de tipo vacuolar no micromediambiente acedo tumoral e a súa relación coa capacidade metastásica e o fenómeno de resitencia a fármacos quimioterápicos, que tantos problemas xera á hora de tratar a pacientes en estudos avanzados.
 
Mario Pérez Sayáns (1982) é Doutor en Odontoloxía pola USC. Sobresaliente Cum Laude, Primeiro premio nacional Fin de Carreira, Premio extraordiario da Comunidade Autónoma de Galicia, Premio extraordinario de licenciatura da USC, Especialista en Implantoloxía e Prótesis sobre implantes pola Universidade San Pablo CEU, Profesor asistente do máster de medicina oral, ciruxía oral e implantoloxía na USC.

Abel García García é xefe de Sección do Departamento de Ciruxía Maxilofacial, do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. 
 
Alba Felípez