Saltar ao contido principal
Xornal
Portada de Empresa Responsable y Crecimiento Sostenible: Aspectos Conceptuales, Societarios y Financieros
Portada de Empresa Responsable y Crecimiento Sostenible: Aspectos Conceptuales, Societarios y Financieros

Título: Empresa Responsable y Crecimiento Sostenible: Aspectos Conceptuales, Societarios y Financieros

Autor: Angel Fernández Albor Baltar (director); Elena Fátima Pérez Carrillo ( coordinadora)

Editorial: Aranzadi

Lugar e ano: Madrid 2012

A responsabilidade social enténdese xeralmente como a integración, dentro dos obxectivos empresariais, de perspectivas económicas, sociais e ambientais. O Centro de Responsabilidade Social, Goberno Corporativo e Protección do Inversor da USC (CERGI) aborda nunha obra de autoría colectiva a sustentabilidade e responsabilidade  social empresarial formulando retos  que poden servir de palanca para unha recuperación sustentable.

 
Formulando dilemas e achegando respostas, esta obra estrutúrase en catro seccións. Tras una delimitación conceptual no capítulo inicial, o segundo se centra en aspectos societarios centrais e a súa compatibilidade cos modernos conceptos relacionados coa Responsabilidade Social, á luz dos ordenamentos xurídicos máis avanzados na materia e tamén achegando propostas de lege ferenda.  A terceira parte aborda o encaixe financeiro da  Responsabilidade Social, un elemento transcendente para a sustentabilidade económica dun intento de elaborar reformas xurídicas. Para rematar, aborda dende o Dereito, a economía, cuestións ambientais, socio laborais e comerciais para pechar a configuración dunha empresa responsable.
 
O grupo de autores deste traballo (procedentes dos ámbitos mercantil, laboral, fiscal e internacional privado do dereito, así como do da economía e organización de empresas en diversas universidades españolas e portuguesas) perfilan a problemática interrelación entre sociedade mercantil e Responsabilidade Social,  sinalando solucións coherentes que poden favorecer un crecemento duradeiro.