Saltar ao contido principal
Xornal
Portada de Microeconomía. Teoría y cuestiones tipo test
Portada de Microeconomía. Teoría y cuestiones tipo test

Título: Microeconomía. Teoría y cuestiones tipo test

Autor: Juan Carlos Reboredo

Editorial: Servizo de Publicacións e intercambio científico da USC

Lugar e ano: Santiago de Compostela 2014

Nas economías modernas, a organización da produción e a distribución de bens e servizos é moi complexa, xa que existen unha grande cantidade de empresas e consumidores que adoptan as súas decisións de produción e consumo, respectivamente, con criterios moi dispares e de forma aparentemente descoordinada. A pesares desta complexidade, as economías modernas resolven as cuestións básicas de que bens e servizos producir, como producilos e como asignalos a diferentes persoas.

 
Microeconomía. Teoría e cuestións tipo test estuda as decisións de consumo e produción que adoptan consumidores e empresas e a coordinación desas decisións por medio do mecanismo do mercado. O contido do libro está axustado ao programa de Microeconomía I que se imparte nos primeiros cursos de grao de Administración e Dirección de Empresas e Economía da Universidade de Santiago de Compostela.