Saltar ao contido principal
Xornal
Portada de Galicia, unha poboación avellentada
Portada de Galicia, unha poboación avellentada

Título: Galicia, unha poboación avellentada

Autor: Julio Hernández Borge

Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC

Lugar e ano: Santiago de Compostela 2013

Galicia, unha poboación avellentada é unha síntese xeral, no tempo e no espazo, do proceso de avellentamento demográfico de Galicia ao longo da súa máis recente historia contemporánea.
 
O descenso da natalidade, a prolongación da duración media da vida, a emigración… son factores traducidos na poboación actual nunha estrutura por idades moi envellecida, fenómeno que, segundo autorizadas previsións, se agravará nas vindeiras décadas.
 
A análise dos cambios da poboación galega encádrase, nestas páxinas, nos contextos europeo e español para permitir aos lectores apreciaren as diferentes cronoloxías dos procesos de avellentamento.

Silvia Quijeiro Martínez