Saltar ao contido principal
Xornal
Portada de Esos astrónomos locos por el cielo, o la historia de la observación de las estrellas dobles
Portada de Esos astrónomos locos por el cielo, o la historia de la observación de las estrellas dobles

Título: Esos astrónomos locos por el cielo, o la historia de la observación de las estrellas dobles

Autor: Paul Couteau. Josefina F. Ling (tradutora)

Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC

Lugar e ano: Santiago de Compostela

Como explica a autora desta tradución a obra presta atención a persoas que teñen consagrado “a súa vida, e a miúdo a súa fortuna, á investigación e ao estudo das estrelas dobles, uns enigmáticos sistemas estelares que se dedican a xogar ao escondite mentres danzan un vals misterioso”. Dende sir William Herschel, organista e xenial astrónomo que propuxo nos albores do século XIX a distribución do Universo en galaxias, ata os actuais equipos internacionais de investigación dotados dos maiores telescopios, todos teñen buscado coa mesma paixón e máis alá do mero espectáculo “o segredo da alquimia estelar e os medios para derribar o muro que aprisiona o noso coñecemento”.

Paul Couteau está considerado unha das máximas autoridades na materia, sinala a profesora Josefina Ling. Descubridor de máis de 2.700 estrelas binarias, foi director do Centro Europeo de Estrelas Dobres (Observatorio de Niza) durante máis de 40 anos, presidente da Comisión 26 da Unión Astronómica Internacional e autor de numerosos libros de astronomía. A pesar dos 25 anos transcorridos dende a edición orixinal francesa, a obra agora traducida pola docente da USC “no perdeu a súa vixencia, xa que a historia nunca morre e a atracción que aínda suscita, foi entre outras unha das razóns para ofrecer aos lectores de fala hispana a súa transcrición”. Nesta versión, e a suxerencia de Paul Couteau, incluíuse un último capítulo de actualización escrito pola propia tradutora.