Saltar ao contido principal
Xornal
Portada de Luís Seoane e a Galicia Medieval
Portada de Luís Seoane e a Galicia Medieval

Título: Luís Seoane e a Galicia Medieval

Autor: Charo Portela Yáñez

Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC

Lugar e ano: Santiago de Compostela 2010

A soldadeira, os xograres, bispos, peregrinos e campesiños; Roi Xordo, María Balteira, Pedro Madruga ou San Ero de Armenteira. Todos eles e moitos máis personaxes da nosa historia medieval aparecen na obra de Luís Seoane, nos seus debuxos, tapices e gravados, pero tamén protagonizan o seu teatro, a poesía, algúns relatos e moitos artigos.

 
Este libro aborda a idea que Seoane foi construíndo da Galicia medieval e as pegadas que esa representación imaxinaria deixou na súa obra artística e literaria.