Saltar ao contido principal
Xornal
Portada de Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000)
Portada de Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000)

Título: Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000)

Autor: Ana Acuña

Editorial: Xerais

Lugar e ano: Vigo 2014

 

Este libro é froito da tese de doutoramento que Ana Acuña defendeu na Universidade de Santiago de Compostela, o 15 de maio de 2009 e que acadou a cualificación de sobresaínte cum laude.
 
Segundo a propia autora analiza a “historia vivida” da literatura galega en Madrid, ao tempo que reconstrúe os quereres e mais os faceres dos grupos de madrigalegos que foron quen de conformar, nunhas cirsunstancias de opresión política e cultural, unha conciencia político-lingüística e un discurso literario galegos en Madrid nos últimos cincuenta anos do século XX.
 
Con este marco de refencia, Ana Acuña establece cinco etapas, cinco tramos cronolóxicos a través dos cales se moven os principais grupos xunto con outros menos cohesionados e menos disidentes: 1952-1954 (Mocedade Universitaria Castelao), 1958- 1961 (Brais Pinto), 1965-1969 (Seminario de Cultura Galega do Club de Amigos da Unesco de Madrid), 1974-1986 (Lóstrego, Irmandade Galega, Irmandade Galega-Lóstrego) e 1996-2000 (Grupo Bilbao).
 
Na obra, onde aparecen as voces de 54 protagonistas destes grupos, amósase de que xeito os madrigalegos crearon unha serie de rexistros necesarios para a reconstrucción do sistema literario galego e para o devir histórico de Galicia.