Saltar ao contido principal
Xornal

Título: José Rubia Barcia: Unha vida contada

Autor: José Manuel González Herrán (Edición)

Editorial: Consello de Cultura Galega

Lugar e ano: Santiago de Compostela 2014

 

O Consello da Cultura Galega (CCG) ven de publicar e presentar (xoves, 31 de xullo de 2014, na Galería Sargadelos de Ferrol) o libro “Jose Rubia Barcia: Unha vida contada” nunha edición a cargo do catedrático de Literatura hispánica da Universidade de Santiago de Composteal,  José Manuel González Herrán. Tratase dunha publicación enmarcada na colección As Nosas Voces, e que recolle unha entrevista que o profesor González Herrán lle fixo a Rubia Barcia en 1985, co obxectivo de preparar un artigo para unha revista sobre literatura e hispanismo.

Aquel artigo nunca se chegou a publicar,  permanecendo inédita a conversa ata que agora aparece convertida na “narración dunha intensa biografía” de José Rubia Barcia, en formato libro-CD. Para acceder ao PDF, prema aquí.

José Rubia Barcia

José Rubia Barcia foi un dos máis recoñecidos valleinclanistas, publicou importantes traballos sobre literatura española moderna e contemporánea: Rosalía de Castro, Pardo Bazán, Unamuno, Gabriel Miró, Américo Castro, García Lorca, León Felipe, Larreda, Sender, Aleixandre…; escribiu traducións (principalmente de César Vallejo para o inglés), ensaios, teatro, poemas, guións de cine. E, como intelectual, inequivocamente comprometido coa República e co socialismo, decenas de artigos de tema político en xornais e revistas do exilio, algúns dos cales reuniu no volume Prosas de razón y hiel.

Jorgue Guillén dixo del que ten unha obra de “difícil clasificación y, por eso, su singularidad antigenérica, de ardua comprensión”. Para Eugenio Granell, coa súa obra Tres en uno, Auto sacramental a la antigua usanza adiantouse vinte anos ao “teatro do absurdo”.

Decantouse pola universidade, pero puido ter desenvolvido unha frutífera carreira cinematográfica. Fixo guións con Luís Buñuel, traballou para a Fox, a Warner… e casou cunha coñecida actriz do momento. Doblaxes, traducións en cine e en teatro completan un perfil interesate dun home que regresou a Galicia en escasas ocasión tralo seu exilio.