Saltar ao contido principal
Xornal
Portada do libro Santiago de Compostela no século XVI. Libro de ordenanzas de la ciudad (1546-1583)
Portada do libro Santiago de Compostela no século XVI. Libro de ordenanzas de la ciudad (1546-1583)

Título: Santiago de Compostela no século XVI. Libro de ordenanzas de la ciudad (1546-1583)

Autor: Antonio Cepeda Fandiño

Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC

Lugar e ano: Santiago de Compostela 2012

É unha obra de interese tanto para os investigadores especializados na historia de Compostela como para os lectores que desexen afondar no seu coñecemento. As ordenanzas reflicten todo tipo de elementos que configuran a realidade urbana da época, ofrecéndonos o escaparate dun tempo xa perdido: regulan a institución municipal, o abastecemento urbano, os pesos e medidas, os prezos, e as boas prácticas para a comercialización de produtos de consumo alimentario ou de uso. As medidas de higiene, seguridade e orde públicas, o urbanismo, a xestión da beneficencia, as festividades e o lecer, ou o papel social que desempeñan a muller e a infancia completan o debuxo dos labores e os días no espazo público santiagués daquel tempo.

Antonio Cepeda Fandiño é profesor de Xeografía e Historia no ensino secundario e responsable da Área de Documentación do Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega). Autor de varios artigos sobre fontes documentais eclesiásticas en época moderna, o seu actual ámbito de investigación é a documentación municipal nos inicios do Antigo Réxime.