Saltar ao contido principal
Xornal
Portada de Italia en la obra de Quevedo
Portada de Italia en la obra de Quevedo

Título: Italia en la obra de Quevedo

Autor: María José Alonso Veloso e Alfonso Rey (Ed)

Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC

Lugar e ano: Santiago de Compostela 2013

Non carecen de fundamento a imaxe popular dun Quevedo chistoso, a romántica dun abnegado patriota, a bonachona do amigo do capitán Alatriste ou a do combativo humanista da tradición española. Mais, da lectura dos seus relatos, poemas e tratados, extráese a inequívoca conclusión de que, en maior medida que os escritores españois do seu tempo, Quevedo estivo moldeado pola cultura da península que hoxe chamamos Italia, síntese de tantas aportacións.

Foi un escritor eminentemente romano e italiano, como demostra a impronta que deixaron nos seus lib ros os moralistas seguidores dos Padres de la Iglesia, o recordo de Dante, os versos de Petrarca, o reto de Maquiavelo, as diatribas de Trajano Boccalini e as chanzas dos poetas burlescos. Apenas hai un ámbito na extensa obra quevediana que non deba pórse en contacto coa Roma antiga e moderna. Ningún destes feitos permanece ignorado, pero esta monografía ensambla os datos soltos sobre o que supuxo Italia en la obra de Quevedo.