Saltar ao contido principal
Xornal
Portada de Identidades urbanas en la monarquía hispánica (siglos XVI-XVIII)
Portada de Identidades urbanas en la monarquía hispánica (siglos XVI-XVIII)

Título: Identidades urbanas en la monarquía hispánica (siglos XVI-XVIII)

Autor: Ofelia Rey Castelao e Tomás A. Mantecón Movellán (editores)

Editorial: Servizo de Publicacións e Intercmabio Científico da USC

Lugar e ano: Santiago de Compostela 2015

Da man dun amplo equipo de investigadores universitarios de Cantabria, A Coruña e Santiago de Compostela, Identidades urbanas en la monarquía hispánica explora as concrecións e prácticas da cultura cívica e policía na Corona de Castela durante a Idade Moderna.

 

A través da análise dunha rica e variada documentación histórica, estas páxinas dan resposta a retos da historiografía recente e aportan enfoques diversos sobre territorios, sociedades, formas de organización e convivencia, así como sobre a producción cultural en sociedades do Antigo Réxime.

 

A obra enmárcase en escenarios históricos dinámicos e complexos, aqueles que definen, precisamente, procesos e formas de construción da identidade urbana. Uns e outros, procesos e morfoloxías, eran o resultado dunha complexa conversa histórica mantida a ambos os dous lados do Atlántico, que, á súa vez, estimulou intercambios decisivos para o propio sistema imperial.

 

Silvia Quijeiro