Saltar ao contido principal
Xornal
Portada libro
Portada libro

Título: CONCLUCIONES XII CURSO DE RÉGIMEN JURÍDICO DE UNIVERSIDADES

Autor: Ana I. Caro Muñoz e Carlos A. Gómez Otero (Directores)

Editorial: Aranzadi

2014

Un ano máis, a Asociación para el Estudio del Derecho Universitario (AEDUN) concibe o Curso de Régimen Jurídico de Universidades, na súa XII edición, co obxectivo de analizar os novos tempos nos que está inmersa a universidade española e a normativa que lle afecta.

En colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a presente edición recolle o resultado dos debates e reflexións que tiveron lugar en relación a un conxunto de temas de máxima actualidade no ámbito da educación superior.

Neste sentido, poderemos observar a análise das novas da normativa que en materia de investigación foron dictadas nos últimos anos e os seus efectos sobre o réxime xurídico da propiedade intelectual e industrial do persoal universitario; a incidencia da lexislación laboral xeral sobre as universidades, en especial sobre os contratos do persoal de proxectos de investigación; e por outra banda visualizarase como foi dictado un novo réxime xurídico para persoal que presta servizos nas institucións universitarias adaptándoo a estes tempos de crise, recortes e minoración de dereitos.

Tamén se terá a oportunidade de valorar a incidencia sobre a autonomía universitaria da normativa estatal e dos axustes orzamentarios, así coma os efectos dos novos proxectos normativos sobre a xestión e organización do sistema universitario.

Doutra banda, habilitouse un espazo especialmente adicado á fiscalización, pretendendo  facer unha análise das debilidades no control das universidades, as responsabilidades contables dos xestores e funcionarios e os efectos da contabilidade analítica sobre a xestión universitaria.

E por último, quíxose avivar o debate profundizando nun dos grandes retos do futuro na xestión, a administración electrónica. Polo tanto, nestas páxinas, pódese atopar, da man de varios expertos de recoñecida competencia, reflexións, e críticas constructivas, que axuden a comprender o como da evolución das institucións universitarias.