Título: Antimateria, magia y poesía
Autor: José Edelstein e Andrés Gomberoff
Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC
Lugar e ano: Santiago de Compostela 2014
Dous físicos teóricos en activo non sempre teñen a xenerosidade (¡nin o tempo!) de escribir
física moderna, á vez rigorosa e accesible, para calquera cidadán, razón pola cal hai que celebrar
a publicación deste libro, unha obra sen dúbida chamada a crear afección á física: a facela, a
comprendela, a nutrirse das súas ideas e proxectala noutras actividades creativas.
Un dos trazos esenciais de toda ciencia en xeral, pero moi particularmente da física
fundamental, é a enorme dificultade que o pensador atopa para intuír a realidade.
Pero aí reside tamén a grandeza da física moderna: capacidade para comprender aínda cando
case nada da realidade pódese intuír. Estas páxinas acompañan aos lectores nunha viaxe apaixonante,
un traxecto polos cumes e profundidades da física actual, da man de dous científicos coas ideas e
as palabras claras.