Saltar ao contido principal
Xornal
POrtada de Entre lo biológico y lo artificial
POrtada de Entre lo biológico y lo artificial

Título: Entre lo biológico y lo artificial

Autor: José Mira Mira

Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC

Lugar e ano: Santiago de Compostela 2014

Este volume, segundo de la Série «Profesor José Mira Mira» en Neurociencia e Computación, recolle unha selección dos artigos publicados por José Mira Mira (Alacante 1944-Madrid 2008) ao longo da súa traxectoria investigadora.

Licenciado en Ciencias Físicas pola Universidade Complutense de Madrid (UCM) en 1966,   doctorouse en Ciencias (especialidade de Electrónica) en 1971 pola mesma universidade coa tese’ Modelos Cibernéticos de Aprendizaxe en Redes Neuronais’. Entre 1966 e 1981 foi profesor adxunto na UCM e profesor agregado de Electrónica na Universidade de Granada; de 1981 a 1987, catedrático de Electrónica e director de departamento na Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela, pasando despois á área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial na mesma universidade, onde continuou ata 1989, ano en que se trasladou á UNED como catedrático de devandita área e director do Departamento de Intelixencia Artificial na E.T.S. de Ingeniería Informática.

Tras unha etapa dedicada á electrónica médica e ás relacións entre neurociencia e computación, o seu interese en investigación centráse entre tres temas complementarios:
(a) O desenvolvemento dunha metodoloxía para a obtención de modelos computables do coñecemento humano non analítico a partir de descricións en linguaxe natural.
(b) Reflexionar na fronteira entre bioloxía e computación, de cara a determinar como a física, a matemática e a computación poden axudar a comprender o funcionamento do sistema nervioso e o uso da inspiración biolóxica para formular modelos máis eficientes que o usual para a computación neuronal, autónoma e autoprogramable.
(c) Complementar os desenvolvementos teórico-conceptuais anteriores con proxectos reais con implementaciones en I+D.

Foi investigador principal de 12 proxectos CICYT na área TIC, e do primeiro proxecto ESPRIT que tivo España na IA aplicada á Medicina (TAO 1592/86). Participou como avaliador de proxectos na axencia nacional (ANEP), en ACAP e na CEE (AIM, BRAIN, ESPRIT e EUREKA) en temas de redes neuronais e intelixencia artificial.

Dirixiu 28 teses doctorais, publicou máis de 300 artigos en revistas da área e foi coautor de varios libros de docencia en IA, RNAs, electrónica e arquitectura de computadores. Durante 12 anos foi promotor e chairman do congreso IWANN e, posteriormente, do congreso bianual IWINAC. No 2000 recibiu a Insignia de Ouro da USC e en 2009 (a título póstumo) o Premio Nacional de Informática ‘ García Santesmases’