Saltar ao contido principal
Xornal
Portada de E fixemos a luz!
Portada de E fixemos a luz!

Título: E fixemos a luz!

Autor: Salvador Bará

Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC

Lugar e ano: Santiago de Compostela 2014

“Contribuír a xerar curiosidade na xente” é o obxectivo que o profesor da USC Salvador Bará se propón neste libro , segundo número da colección ‘ Biblioteca de Divulgación, Serie Científica ' que recolle a historia científica da luz, coas controversias que provocou, sesgos biográficos das persoas que se dedicaron ao seu estudo, as aplicacións máis recentes e os problemas e interrogantes que o seu uso suscita. 


A serie científica de divulgación quere contribuír con este libro ás actividades que con motivo do Ano Internacional da Luz 2015 se desenvolveron en Galicia organizadas por un comité do que o autor formou parte. Deste xeito, o volume faise eco das accións e das científicas e científicos que axudaron a comprender a historia e natureza da luz e as múltiples aplicacións que dela xurdiron. A velocidade da luz, o seu poder curativo ou o seu lado escuro, a fórmula luz máis luz igual a escuridade ou a composición química das estrelas son algúns dos temas que centran os dez capítulos da publicación.

A colección
Creada en 2011, a Biblioteca de Divulgación. Serie Científica publica textos que, se ben son resultado da máis rigorosa investigación en cada campo, están presentados de forma divulgativa, pensados para o público xeral e non estritamente especialista. O primeiro volume foi Antimateria, magia y poesía, de José Edelstein e Andrés Gomberoff.