Saltar ao contido principal
Xornal

Título: Hábitos de actividade física e deportiva da poboación galega

Autor: Constantino Arce Fernández

Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC

Lugar e ano: Santiago de Compostela 2015

A práctica do deporte e a actividade física regular son valores incontestables da calidade de vida individual e constitúen un investimento seguro en termos de saúde pública. Xa que logo, o coñecemento da realidade da  práctica deportiva e de actividade física da poboación permite o establecemento de actuacións e a definición de liñas estratéxicas para o seu fomento, así como a avaliación e valoración das medidas adoptadas en cada momento.

Sobre esta constatación, a presente obra contén os resultados do estudo de poboación desenvolvido en 2013 como traballo en equipo entre a Secretaría Xeral paro o Deporte da Xunta de Galicia, a Fundación Deporte Galego e a Unidade de Psicoloxía Deportiva da Universidade de Santiago de Compostela, un traballo, científico e metodolóxico, decisivo na consecución do propósito último de todos os implicados: unha Galicia máis activa e sa a través da actividade física e o deporte.