Saltar ao contido principal
Xornal

Xornal da USC

Xoves, 21 de novembro de 2019
Grans de cebada (Hordeum tetrastichum) do castro de Punta do Muíño do Vento (Alcabre, Vigo)
Unha investigación da USC conclúe que a agricultura tivo un rol clave na conformación de identidades na Idade de Ferro

INVESTIGACIÓN

Actualizada: 20-11-19 13:41
Unha investigación da USC acaba de analizar o cambio e resiliencia na agricultura e na xestión de recursos vexetais no noroeste da Península Ibérica entre os anos 1000 a.C. e 400 d.C. A tese de Andrés Teira Brión, cualificada con sobresaliente Cum Laude, conclúe que a agricultura tivo un rol importante na conformación de identidades e na maneira de concibir o mundo das comunidades da ... [máis]
Laboratorio da USC. Foto: Santi Alvite
O ránking Times Higher Education destaca a USC en Ciencias da Vida, Física, Psicoloxía e Ciencias da Saúde
Actualizada: 20-11-19 14:59
A actividade en Ciencias da Vida, Física, Psicoloxía e Ciencias da Saúde levada a cabo pola USC, é situada polo ránking Times Higher Education (THE) por áreas de coñecemento, entre a desenvolvida polas mellores universidades do mundo. Concretamente, a USC sitúase no intervalo 401–5 00 no ámbito de Ciencias da Vida; no 501–600, en Física; no 401+ no eido da Psicoloxía, e no 501–6 00 en Ciencias da Saúde. En semanas ... [máis]
De esquerda a dereita, Sheila Castiñeira, Ana Piñeiro, Francisco Fraga e Jorge Rivera, na Facultade de Ciencias
Ingapan ofrece dous contratos de seis meses aos mellores TFG de Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais e Nutrición e Dietética
Actualizada: 20-11-19 13:04
A Facultade de Ciencias do Campus de Lugo da USC impulsa a inserción laboral dos seus titulados e tituladas a través da convocatoria do I Concurso de Traballos Fin de Grao de Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais e Nutrición Humana e Dietética, unha convocatoria impulsada polo centro universitario lugués en colaboración co Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Lugo, a Asociación ... [máis]
Tomas Lindahl na súa chegada ao Colexio San Xerome. Foto: Santi Alvite
Tomas Lindahl, Nobel de Química 2015: “Converter o cancro en enfermidade crónica é máis realista que pretender curalo"
Actualizada: 19-11-19 14:10
O científico sueco Tomas Lindahl, premio Nobel de Química 2015 manifestou este martes, nun encontro con medios de comunicación, que a opción máis realista é converter o cancro nunha enfermidade crónica, antes que pretender a súa curación total. Lindahl, quen recibiu o Nobel polos seus estudos mecanísticos da reparación de ADN, subliñou que poñemos demasiada énfase na palabra curación, cando en realidade ... [máis]
Presentación do programa de micromecenado da USC
Actualizada: 20-11-19 14:55
A USC pon en marcha un programa de micromecenado co obxecto de crear un espazo de encontro que implique a empresas, institucións e sociedade nas actividades, proxectos e servizos que a Universidade desenvolve en materia de investigación, cultura ou deportes, entre outros ámbitos. O reitor Antonio López presentará este xoves 21, ás 12.00 horas, as liñas mestras desta iniciativa no Centro de Investigación ... [máis]
Presentación na EPS de Enxeñaría do proxecto Infraestrutura Verde
Un foro analiza na EPS de Enxeñaría o proxecto Infraestrutura Verde para a adaptación territorial ao cambio climático
Actualizada: 20-11-19 14:53
A Ecola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo da USC acolleu este mércores a presentación do proxecto ‘Infraestrutura Verde para a Adaptación da Ordenación Territorial ao Cambio Climático’ (Inverclima), promovido pola USC co apoio do Ministerio para a Transición Ecolóxica, a través da Fundación Biodiversidad, no marco da xornada Ecosistemas contra o Cambio Climático. A Infraestrutura ... [máis]
Cartaz do terceiro faladoiro de divulgación científico organizado ao abeiro de DivulgaTerra 2019
DivulgaTerra 2019 presenta este xoves pescudas do Campus de Lugo ligadas coa ciencia e a tecnoloxía na Casa do Saber
Actualizada: 20-11-19 09:12
O evento de divulgación científica DivulgaTerra, unha iniciativa orientada a dar a coñecer o traballo desenvolvido polas investigadoras e investigadores do Campus Terra da USC, ademais de potenciar e poñer en valor o galego como lingua da comunicación científica, celebra este xoves 21 de novembro, a partir das 19.00 horas, no auditorio da Casa de Saber de Lugo, a sesión de clausura desta edición cun ... [máis]
Carmen Pomar, con alumnado do grao de Robótica na EPS de Enxeñaría de Lugo
Pomar cifra en 3,9 millóns a inversión da Xunta no Campus Terra da USC
Actualizada: 20-11-19 10:03
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou este martes a Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo da USC, onde puido comprobar o “éxito” do novo título de grao en Robótica que vén de poñerse en marcha este curso 2019-2020 con alta demanda por parte do alumnado. Acompañada das vicerreitoras de Coordinación do Campus de Lugo e de Organización Académica ... [máis]
Tras a desintegración máis insólita
Tras a desintegración máis insólita
Actualizada: 19-11-19 14:07
O pasado mes de setembro, a colaboración do experimento LHCb presentou no “International Conference on Kaon Physics 2019” unhas medidas preliminares do proceso de desintegración do K0S (partícula composta de dous quarks) en dous muóns (partículas case idénticas ao electrón, pero de maior masa). Ademais de que a procura deste evento é todo un desafío por ser extremadamente infrecuente –só cinco de cada billón de K0 S descompóñense desta forma ... [máis]
O reitor da USC, Antonio López, á espquerda, e Álvaro Rodríguez Eiras, na presentación do XX Premio Aresa de Desenvolvemento Rural
O Premio Aresa de Desenvolvemento Rural recibe 13 candidaturas na súa vixésima edición, que se fallará o vindeiro 4 de decembro
Actualizada: 19-11-19 13:09
O Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, un galardón convocado pola grupo Aresa xunto coa USC e dotado con 10.000 euros en metálico e placa conmemorativa para o gañador, recibiu un total de 13 candidaturas na súa vixésima edición, que se fallará o vindeiro 4 de decembro na Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo, no marco dun acto presidido polo reitor da USC, Antonio López, e no que tamén  ... [máis]
O proxecto Spin-Up, de impulso de novas iniciativas empresariais, presentarase a vindeira semana
O proxecto Spin-Up, de impulso de novas iniciativas empresariais, presentarase a vindeira semana
Actualizada: 19-11-19 13:22
Estimular a creación de empresas a través da transferencia de tecnoloxía das universidades e do tecido empresarial para a creación de novas empresas. Este é o obxectivo principal do proxecto europeo Spin_Up, liderado pola incubadora de empresas da USC Uninova, que se presentará en Santiago o vindeiro luns 25 nas instalacións do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas ( ... [máis]
Cartel do congreso
O IV Congreso Internacional Performa reúne entre o 27 e o 29 de novembro a máis de corenta voces expertas no eido teatral
Actualizada: 19-11-19 11:10
O IV Congreso Internacional Performa desenvolverase entre o 27 e o 29 de novembro no Colexio Maior Fonseca e na Facultade de Filoloxía da USC, congregando a máis de corenta voces expertas do eido teatral, tanto do ámbito académico como profesional. Nesta edición, o foro desenvólvese baixo o lema ‘Novos espazos/Novos formatos no teatro español actual’. O dramaturgo José Sanchis Sinisterra ou o performer Marcel-lí Antúnez ... [máis]
Alumnado tomando parte na performance 'Otra más'. Foto: Santi Alvite
Alumnado de Ciencias da Educación aborda a construción do xénero a través de performances na rúa
Actualizada: 18-11-19 14:15
O alumnado da materia ‘Socioloxía da Educación’ da Facultade de Ciencias da Educación da USC abordou este luns 18, a través de diferentes performances na rúa, a construción do xénero. Esta manifestación artística ten moitas liñas de acción pero, neste caso, o estudantado levou a cabo unha intervención urbana, creando así un asalto á rúa e procurando a comunicación entre espectador e actor ... [máis]
De esquerda a dereita, Manuel Guaita, Montserrat Valcárcel, José Ignacio Lema e Óscar Andrés Quintela, na presentación do convenio entre Xera e Pemade, na EPS de Enxeñaría de Lugo
USC e Xunta poñen en valor a madeira coa aposta por especies forestais de crecemento en Galicia e o seu uso na construción
Actualizada: 18-11-19 12:58
A Plataforma de Enxeñaría de Madeira Estrutural (Pemade) do Campus de Lugo da USC e a Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, están a colaborar no desenvolvemento de diversas liñas de traballo orientadas á posta en valor de especies forestais de crecemento en Galicia e á promoción do uso de madeira na construción. O director ... [máis]
Imaxe da plataforma web na que se desenvolve a ECSOC 23
A Conferencia Electrónica de Química de Síntese Orgánica recibe máis de 120 comunicacións científicas na súa edición número 23
Actualizada: 18-11-19 13:43
A vixésima terceira edición da Conferencia Electrónica de Química de Síntese Orgánica (ECSOC-23), un congreso virtual promovido polo grupo de investigación Novas Metodoloxías Sintéticas (SWT) do Campus Terra da USC, integrado polos profesores do Departamento de Química Orgánica da USC na Facultade de Ciencias Julio A. Seijas Vázquez e Pilar Vázquez Tato, recibiu nesta ocasión máis de 12 comunicacións científicas ... [máis]
Alumnado e profesorado no minuto de silencio
Alumnado e profesorado de Ciencias da Comunicación réndenlle homenaxe ao xornalista Pablo López Orosa cun minuto de silencio
Actualizada: 19-11-19 10:07
Alumnos e profesores da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC rendéronlle homenaxe ao xornalista Pablo López Orosa cun minuto de silencio que contou coas palabras do estudante Xian Lois Alcayde, compañeiro de profesión de Pablo López, con quen coincidiu na Revista Luzes. A proposta, asumida polo decanato, partiu dun grupo de alumnos de cuarto curso de Xornalismo do centro ... [máis]
Marco Giacintucci
Unha investigación sobre San Xulián o Hospitalario, Premio sobre o Camiño de Santiago e as Peregrinacións 2019
Actualizada: 19-11-19 10:04
A Cátedra ‘O Camiño de Santiago e as Peregrinacións’ da USC acaba de outorgar o Premio de Investigación sobre o Camiño de Santiago e as Peregrinacións 2019 ao profesor Marco Giacintucci polo seu libro Il Paternoster dei san Giuliano ospitatore. Testi e Letterature – dalle origini alle fonti narrative italiane ... [máis]
Cartaz coa programación de relatorios incluída no ciclo Luis Asorey 2019
Un relatorio sobre bioeconomía e economía circular abre este luns o Ciclo Luis Asorey 2019 no lugués Pazo de San Marcos
Actualizada: 18-11-19 14:10
Bioeconomía e economía circular centran a temática dos relatorios e sesións de debate programadas no marco do ciclo Luis Asorey 2019, un foro de divulgación científica promovido pola Real Academia de Ciencias de Galicia en colaboración coa USC que se desenvolverá do 18 ao 27 de novembro no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo. A enxeñeira de montes e investigadora do Instituto ... [máis]
Cartel da xornada
O Dereito do Traballo ante a doutrina do Tribunal de Xustiza da UE en materia de política social, obxecto de análise na USC
Actualizada: 18-11-19 14:07
A Facultade de Dereito da USC celebrará a vindeira semana, a Xornada ‘Retos do Dereito do Traballo ante a doutrina do Tribunal de Xustiza da Unión Europea en materia de política social e dereitos fundamentais’, en colaboración co Consello Galego de Relacións Laborais. Esta iniciativa está dirixida especialmente aos profesionais do ámbito laboral, axentes sociais, así como a estudantes universitarios ... [máis]
Participantes e organizadores do XXV Maratón Fotográfico do Campus
O Maratón Fotográfico do Campus demanda ‘tranquilidade’ na edición que cumpre as súas vodas de prata
Actualizada: 18-11-19 10:52
O Maratón Fotográfico do Campus demanda ‘tranquilidade’ na edición que cumpre as súas vodas de prata, tal e como o indicaron o adxunto á Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo para Estudantes, Internacionalización, Cultura e Servizos, Jesús Varela Zapata, e o coordinador deste certame artístico promovido pola Área de Cultura da USC en colaboración co grupo fotocinematográfico Fonmiñá ao abeiro ... [máis]
Alberto Ruano Raviña. Imaxe de arquivo
Investigadores da USC confirman a relación entre bricolaxe e cancro de pulmón

INVESTIGACIÓN

Actualizada: 15-11-19 10:49
Investigadores da USC acaban de publicar un estudo na revista Environmental Research no que constatan que aquelas persoas que realizan actividades de tipo bricolaxe, pintura, modelismo ou restauración de mobles no seu tempo libre, posúen un maior risco de desenvolver cancro de pulmón. Neste estudo participaron catorce hospitais das comunidades autónomas de Galicia, Asturias, Castela e León e Madrid, así como e un hospital ... [máis]
De esquerda a dereita, Elena López Lago, decana da Facultade de Física; Francisco Fraga López, decano da Facultade de Ciencias; Pilar Bermejo Barrera, decana da Facultade de Química; Antonio López, reitor da USC; Mª Elena Vázquez Cendón, decana da Facultade de Matemáticas; e Antonio Segura Iglesias, decano da Facultade de Bioloxía. Foto: Santi Alvite
Celebración da festividade de San Alberte Magno, patrón das facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas e Química
Actualizada: 15-11-19 14:22
O reitor Antonio López presidiu este venres na Aula Magna Antonio Casares da Facultade de Química, o acto conmemorativo co gallo da festividade de San Alberte Magno, patrón das facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas e Química. Xunto ao reitor, tomaron parte no acto Francisco Fraga López, decano da Facultade de Ciencias; Elena López Lago, decana da Facultade de Física; Antonio ... [máis]
Obra participante no certame. Foto: Santi Alvite
Entregados os premios ‘Xuventude Crea’ nas categorías de fotografía e artes plásticas
Actualizada: 15-11-19 14:17
O certame ‘Xuventude Crea’ fixo entrega este venres na Igrexa da Universidade dos seus galardóns nas categorías de fotografía e artes plásticas. Adriana Silva Fernández de A Estrada coa obra ‘ Cartografía do esquecemento’ e Alva Vidal Capón de Tui coa obra ‘Non estou tola, a miña realidade é diferente á túa’ foron as participantes recoñecidas co primeiro premio na categoría de fotografía. En arte plásticas ... [máis]
Portada do e-book
O e-book Na procura da noite. Fotografando o ceo nocturno, premio nacional de edición universitaria
Actualizada: 15-11-19 15:03
O e-book en formato pdf editado polo Servizo de Publicacións da USC Na procura da noite. Fotografando o ceo nocturno é a mellor edición dixital e multimedia da vixésima segunda edición dos Premios Nacionais de Edición Universitaria. O responsable do Servizo de Publicacións da USC, Juan Blanco, acaba de recoller o galardón concedido á USC no transcurso da Asemblea Xeral da Unión de Editoriais Universitarias Españolas (UNE). Un xurado independente ... [máis]
A xuntanza de traballo celebrouse no Colexio de Fonseca. Foto: Santi Alvite
O proxecto de apoio a persoas refuxiadas UNINTEGRA celebrou a súa xornada de clausura na USC
Actualizada: 15-11-19 14:13
O proxecto UNINTEGRA, coordinado dende o ano 2017 polo Servizo de Relacións Exteriores, propón diferentes accións para fomentar o apoio á integración de persoas refuxiadas proporcionándolles recursos e ferramentas para a súa inclusión e incidindo na sensibilización das comunidades de acollida. A xornada de clausura desta iniciativa conxunta coa universidade de Minho e a universidade Nacional  ... [máis]
De arriba a abaixo e de esqueda a dereita, Jorge Mira, Henrique Monteagudo, Luís F. Seoane e Xaquín Loredo
Un estudo constata a través de modelos matemáticos a boa saúde da convivencia entre o catalán e o castelán en Cataluña

INVESTIGACIÓN

Actualizada: 13-11-19 14:21
Un equipo interdisciplinar no que participan os catedráticos da USC Jorge Mira e Henrique Monteagudo, acaba de publicar na revista Palgrave Communications, do grupo editorial Nature, un estudo baseado nun século de convivencia lingüística entre o catalán e o castelán en Cataluña. Os modelos matemáticos empregados na investigación suxiren que o castelán seguirá gañando falantes pouco a pouco, malia que a convivencia entre ambas as dúas linguas goza na actualidade de boa saúde ... [máis]
Público asistente ao acto. Foto: Santi Alvite
O Libro Branco de Economía Social de Galicia pon o foco no impacto das fórmulas xurídicas e asociativas
Actualizada: 14-11-19 13:41
O Libro Branco de Economía Social de Galicia, publicación dirixida por Maite Cancelo Márquez e Manuel Botana do Centro de Estudos Cooperativos da Universidade, ten como obxectivo principal cuantificar a importancia que a comunidade autónoma galega ten en todo o conxunto de familias que compoñen a Economía Social. O reitor Antonio López presidiu este mércores o acto de presentación da publicación ... [máis]
Cartaz da xornada sobre etnografía do  Courel
A Estación Científica do Courel organiza unha xornada divulgativa sobre a etnografía local plantas medicinais o 23 de novembro
Actualizada: 14-11-19 12:02
A Estación Científica do Courel acollerá o vindeiro 23 de novembro unha xornada monográfica sobre etnografía courelá, na que intervirán como relatores Jesús Afonso Parada Jato e a licenciada en Farmacia María Moure Oteyza, que impartirá un curso sobre usos tradicionais de plantas medicinais na serra courelá. Esta actividade formativa, promovida polo Campus Terra da USC a través do director ... [máis]
Paulino Martínez, Montserrat Valcárcel e Maribel Quiroga, na presentación de 'BioReDes fai camiño'
BioReDes conecta a I+D+i do Campus de Lugo coa contorna produtiva cultural e social a través das rutas xacobeas con ‘Camiños con ciencia’
Actualizada: 12-11-19 14:35
A Agrupación Estratéxica de Investigación do Campus Terra da USC BioRedes busca achegar e conectar a I+D+i que se desenvolve na sede universitaria luguesa coa contorna produtiva, social e cultural de Galicia a través das rutas xacobeas co proxecto ‘BioReDes fai camiño’, un programa incluído no plan de dinamización do Xacobeo 2021 ‘O teu Xacobeo’ promovido pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta ... [máis]
Participantes e organizadores da fase provincial do I Torneo Nacional de Debate Económico en Bacharelato, na Facultade de Ade
Estudantes do Colexio Galén acceden á final do Torneo Nacional de Debate Económico en Bacharelato tras gañar a fase provincial
Actualizada: 11-11-19 11:05
Estudantes do Centro Educativo Galén participarán os días 26 e 27 de novembro na fase final do I Torneo Nacional de Debate Económico de Bacharelato, logo de proclamarse campións provinciais de Lugo no certame celebrado na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo e no que tamén tomaron parte equipos integrados por cinco estudantes de Bacharelato que cursan a materia ... [máis]
Docentes participantes nunha edición anterior das Xornadas para Profesorado do proxecto 'Xuvenciencia. Fago logo aprendo'
‘XuvenCiencia. Fago, logo aprendo’ lanza a sexta edición das xornadas para profesorado e ofrece seis kits de investigación na aula
Actualizada: 08-11-19 14:42
O proxecto ‘XuvenCiencia. Fago, logo aprendo’, promovido polo grupo de innovación docente XuvenCiencia do campus de Lugo que coordina a profesora Mercedes Novo Rodríguez, lanza a súa sexta edición coa aspiración de chegar a máis dun milleiro de alumnos de secundaria e bacharelato no curso 2019-20, ao tempo que abre a convocatoria para o profesorado de ensino medio que desexe participar na próxima edición <a  ... [máis]
Patrocinio Morrondo, nova asesora do Consello de Política Científica, Tecnolóxica e de Innovación do Goberno de España
Patrocinio Morrondo, nova asesora do Consello de Política Científica, Tecnolóxica e de Innovación do Goberno de España
Actualizada: 08-11-19 12:47
A catedrática da área de Sanidade Animal na Facultade de Veterinaria do campus de Lugo da USC Patrocinio Morrondo Pelayo prestará asesoramento ao Goberno de España en materia de infraestruturas científicas e técnicas singulares, logo de ser nomeada vogal do Comité Asesor de Infraestruturas Singulares (CAIS) da Comisión Executiva do Consello de Política Científica, Tecnolóxica e de Innovación (Cecpti ... [máis]
Na edición do ano pasado, no campus de Compostela acadáronse 37.535 horas de estudo. Foto: Santi Alvite
A XVII Olimpíada Solidaria de Estudo bota a andar na USC ata o vindeiro 5 de decembro
Actualizada: 05-11-19 14:50
O Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC (SEPIU) e a Fundación Coopera impulsan a XVII Olimpíada Solidaria de Estudo, unha acción de educación para o desenvolvemento e de sensibilización que bota andar este martes e que se prolongará ata o 5 de decembro. Baixo o lema ‘ Estou onde podo axudar’, por cada hora de estudo de cada alumno ou alumna, as entidades patrocinadoras destinarán ... [máis]
Ana Abelleira, Montserrat Valcárcel, Xusto Rodríguez e Adrián Casanova, na Vicerreitoría de Coordinación de Lugo
O ciclo DivulgaTerra 2019, no que participan 24 investigadores do Campus de Lugo, bota a andar este xoves na Casa do Saber
Actualizada: 05-11-19 13:38
O evento de divulgación científica DivulgaTerra, unha iniciativa orientada a dar a coñecer o traballo desenvolvido polas investigadoras e investigadores do Campus Terra da USC, ademais de potenciar e poñer en valor o galego como lingua da comunicación científica, bota a andar a súa cuarta edición este xoves 7 de novembro no auditorio da Casa de Saber de Lugo cunha xornada arredor de pescudas ligadas ... [máis]
Cartel do simposio
O simposio do ILG 2019 desenvolverase co lema ‘Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional’
Actualizada: 04-11-19 14:41
Desde o ano 2001, o Instituto da Lingua Galega (ILG) organiza cada outono un simposio dedicado a un tema específico, escollido polo seu interese para a comunidade científica ou para a formación continua dos titulados universitarios. O Simposio ILG 2019 ‘Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional’ busca amosar algúns dos resultados obtidos durante o desenvolvemento do proxecto ‘ Patrimonio léxico  ... [máis]