Saltar ao contido principal
Xornal  »  A Escola Politécnica Superior abre o II Concurso de TFG sobre Enxeñaría e Muller Rural a todo o estudantado de grao no centro

A Escola Politécnica Superior abre o II Concurso de TFG sobre Enxeñaría e Muller Rural a todo o estudantado de grao no centro

Actualizada: 17-04-2017 13:54
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Cartaz do certame

A Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC vén de lanzar a segunda edición do Concurso de Traballos Fin de Grao sobre Enxeñaría e Muller  Rural, un certame que ten por obxecto premiar aqueles traballos finais de grao de calquera dos títulos de grao impartidos na EPS asinados por alumnas ou que teñan como temática o desenvolvemento de proxectos que contribúan a mellorar as condicións de vida e de traballo das mulleres no medio rural.

 

O certame está aberto á participación de todos os estudantes/as de calquera dos títulos de grao impartidos pola USC na EPS que defendan o seu TFG ao longo do curso 2016-2017. O prazo de inscrición neste concurso, que contempla a concesión de dous premios en metálico dotado con 200 euros para o traballo máis valorado en cada modalidade, permanecerá aberto ata o 26 de setembro de 2017.

 

O xurado encargado de fallar este concurso estará composto por persoas expertas na temática do concurso, preferentemente profesoras das titulacións impartidas na EPS. A súa composición publicarase no taboleiro de anuncios da EPS. Os membros do tribunal avaliador valorarán o carácter innovador das propostas presentadas e a súa viabilidade, así como a súa calidade e a adecuación á temática que rexe o certame.

 

As persoas interesadas en tomar parte na segunda edición do Concurso de Traballos Fin de Grao sobre Enxeñaría e Muller  Rural poden acceder a máis información e consultar as bases do certame a través da web http://www.usc.es/gl/centros/eps/index.html.