Saltar ao contido principal
Xornal  »  A USC, novena de España polo seu rendemento investigador

A USC, novena de España polo seu rendemento investigador

Segundo os datos de 2017 do ránking da National Taiwan University a USC ocupa a posición 423 entre as 800 mellores do mundo

Actualizada: 11-10-2017 12:47
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O ránking NTU baséase nos resultados de investigación en diferentes campos e temas

Atendendo á investigación de excelencia, impacto da investigación e produtividade da mesma a Universidade de Santiago é a novena de España e sitúase na posición 423 de entre as 800 mellores do mundo segundo os datos que acaba de publicar a National Taiwan University (NTU) no ranking correspondente a 2017 (NTU Ránking).

A clasificación de NTU emprega os datos cuantitativos extraídos de Science Citation Index (SCI) e Social Sciences Citation Index (SSCI) para avaliar especificamente o rendemento da investigación realizada nas principais universidades do mundo. En opinión do equipo promotor deste clasificación “ as estatísticas dos artigos publicados en revistas académicas internacionais ofrecen unha representación obxectiva do desempeño investigador da cada Universidade”.

Este ránking ofrece, ademais da clasificación xeral, outras dúas que ordenan as universidades avaliadas conforme a seis campos de coñecemento xerais e en base a catorce temas específicos. No primeiro bloque a USC sitúase entre as 300 mellores universidades do mundo no ámbito da Agricultura (posición 282), e no intervalo 301-400 nos de Ciencias da Vida e Ciencias Naturais. Xa en Medicina Clínica e Enxeñaría, a USC posiciónase no intervalo das 401-500 mellores universidades.

Por temas específicos, a investigación realizada en Matemáticas permite á USC ascender ata a posición 125 e en Ciencias da Agricultura ata a 191. Pola investigación realizada no ámbito da Enxeñaría Mecánica a Universidade compostelá está na posición 232, destacando igualmente en Ecoloxía/Ambiente (253), Farmacoloxía e Toxicoloxía (254), Enxeñaría Química (256), Enxeñaría Civil (263) ou Química (273). No intervalo 401-450 atópase a investigación producida en Física e Ciencias da Computación e no 401-500 a de Ciencias do Materiais.