Saltar ao contido principal
Xornal  »  Matemáticas: habelas, hainas, queremos contarchas!

Matemáticas: habelas, hainas, queremos contarchas!

Actualizada: 07-11-2017 08:35
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Na tarde do xoves 9 de novembro desenvolverase na Aula Magna da Facultade de Matemáticas unha xornada de carácter divulgativo sobre a investigación en matemáticas, destinada fundamentalmente a estudantes de grao e mestrado.

‘Habelas, hainas, queremos contarchas!’ consiste en brevísimas charlas de 20 minutos impartidas por seis investigadores e investigadoras mozas de todas as áreas de investigación presentes na Facultade, que intentarán achegar dun xeito desenfadado e sinxelo para que se empregan e que son as Matemáticas. A súa relación coa astronomía, o desprazamento de/en fluídos, os sistemas monetarios, a criptografía e a comunicación, os apelidos e movementos poboacionais, os problemas de medición de curvas, o recoñecemento de falas serán algún dos temas a tratar.

As exposicións serán en galego, para que os oradores e oradoras comecen a acostumarse a presentar as súas investigacións ao público non especialista e noutro idioma que non sexa o inglés. Será tamén unha iniciativa para normalizar o uso do galego nas matemáticas, deixando de lado prexuízos lingüísticos, neste mes de novembro en que se celebra a Ciencia en Galego.

Por  cuestións de organización, a pesares de que a xornada é de balde, é preferible que as persoas interesadas se inscriban en https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScfPwjfy7JdaZ80YBeRaRInEq__g3ELoNZ-uNZpFejZg6_ptA/viewform