Saltar ao contido principal
Xornal  »  O doutorando da USC Jose Ameijeiras recibe en Bérgamo o premio ao mellor póster da Conferencia sobre Clima e Medio Ambiente

O doutorando da USC Jose Ameijeiras recibe en Bérgamo o premio ao mellor póster da Conferencia sobre Clima e Medio Ambiente

Actualizada: 10-11-2017 12:30
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Jose Ameijeiras Alonso (á dereita da imaxe) no momento de presentar o póster

O doutorando da USC Jose Ameijeiras Alonso recibiu o premio ao mellor póster da 27th Conference on Climate and Environment celebrada recentemente en Bérgamo (Italia). Ameijeras está realizando a súa tese de doutoramento no Departamento de Estatística, Análise Matemático e Optimización da Facultade de Matemáticas da USC baixo a dirección de Rosa M. Crujeiras e Alberto Rodríguez Casal.

O traballo ‘Multimode: a package for multimodality assessment’ recolle unha revisión e o achegamento de distintas técnicas estatísticas no campo da detección do número de modas. A maiores das novas achegas no campo da estatística, accesibles á comunidade científica a través dunha librería no software estatístico R, tamén se recolle a súa aplicación a problemas de gran relevancia no ámbito do clima e o medioambiente.

Este premio, concedido polas sociedades The International Environmetrics Statistics (TIES) e GRASPA, recoñece internacionalmente o labor dos investigadores estatísticos no ámbito ambiental.