Saltar ao contido principal
Xornal

A luguesa Julia Martínez, acompañada ao piano de Andrés Martínez, actúa este luns na Casa do Saber no ciclo ‘Na Calzada’

O concerto comezará ás 20.00 horas. A entrada é libre e de balde ata completar o aforo

Actualizada: 28-03-2018 12:07
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Julia Martínez

A intérprete luguesa Julia Martínez, acompañada do pianista Andrés Martínez, ofrecerá este luns 2 de abril, a partir das 20.00 horas, un concerto de voz e piano no auditorio da Casa do Saber, no marco do ciclo ‘Na calzada’, unha iniciativa complementaria do programa de cámara ‘Músicas a carón da Mosqueira’ e a través da que se pretende achegar ao público lugués as creación de intérpretes e compositores que están a ampliar a súa formación alén de Lugo.

 

O canto clásico e a ópera namoraron xa desde moi nova á intérprete luguesa Julia Martínez, quen, logo de comezar os estudos do Grao Profesional de Canto lno  Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo, mudouse á capital británica para a cursar o treito final da súa carreira musical como mezzosoprano na Royal Academic of Music de Londres.

 

Na súa aventura británica, Julia Martínez embarcouse primeiro na Guildhall School of Music & Drama, con clases de canto e piano. Xa con 19 anos, este nova intérprete ingresou na Royal Academy of Music, para comezar cos estudos do Grao Superior, xunto con estudantes de todos los países.

 

O concerto que ofrecerá este luns a mezzosoprano Julia Martínez na Casa do Saber de Lugo comezará ás 20.00 horas. A entrada é libre e de balde ata completar o aforo, do mesmo xeito que todas as actividades programadas ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Deputación Provincial de Lugo e Concello de Lugo.