Saltar ao contido principal
Xornal

A danza latina da USC sae á rúa

Actualizada: 04-06-2018 11:14
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O Espazo de Danza da Universidade de Santiago sae á rúa na IV Semana da Danza Latina, que terá lugar en Compostela estes días 5 e 6 de xuño e, por primeira vez, en Lugo o día 8.

Esta cuarta edición supera as anteriores en todos os sentidos, con demostración de traballos colectivos, individuais e de parella, clases abertas na cidade e a intervención dos alumnos de Danza Latina da USC.

O programa do certame comeza este martes 5 ás 18.00 horas na Praza de Praterías, cunha clase aberta de pasos básicos e libres de merengue, bachata e conga para todo o público asistente dirixida polo profesor Miguel D. Herrera. Unha hora máis tarde, o alumnado de Danza Latina da USC fará unha demostración de salsa, cha-cha-chá, rueda cubana e conga.

A xornada do día 6 en Compostela repetirá este mesmo programa, pero xa na Praza Roxa, ao igual que a do día 8, que terá o fondo da Praza Maior como escenario.