Saltar ao contido principal
Xornal

Xornal da USC

Mércores, 18 de setembro de 2019
Xornada de benvida a estudantes no campus de Lugo
A USC, á cabeza da universidade española en I+D+i, transferencia de coñecemento e pegada internacional, segundo a Fundación CyD
Actualizada: 17-09-19 10:10
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) mantense entre as universidades públicas españolas con mellor taxa de rendemento nos eidos da investigación e transferencia de coñecemento, no que atinxe a concesións de patentes, ingresos por licencias, publicacións interdisciplinares e internacionais, así como en captación e liquidación de fondos, segundo se deprende do último ránking sobre as universidades ... [máis]
Reunión entre USC e Sergas. Foto: Santi Alvite
A USC reforza o seu rol de referente na formación de profesionais do Sergas grazas a un novo convenio plurianual
Actualizada: 17-09-19 13:01
A Universidade de Santiago de Compostela e o Servizo Galego de Saúde acordaron subscribir este martes un convenio para garantir o desenvolvemento do programa de formación da especialidade de Enfermería Obstétrico-Xinecolóxica (matrona). O Sergas vai achegar un total de 488.400 euros a repartir entre os anos 2019, 2020, 2021 e 2022, a razón de 122.100 euros anuais. O convenio acordado este martes terá ... [máis]
O director da Unidade Pedro Diz Dios
Odontoloxía para Pacientes con Necesidades Especiais da USC, premiada pola Federación Galega de Dano Cerebral
Actualizada: 17-09-19 12:40
A Unidade de Odontoloxía para Pacientes con Necesidades Especiais da Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC acaba de ser galardoada co VII Premio Miguel Blanco outorgado pola Federación Galega de Dano Cerebral, a cal decidiu recoñecer “o coidado da hixiene bucodental que a Unidade leva prestando desde 1992 ao colectivo de persoas con dano cerebral adquirido en Galicia, e o seu labor divulgativo ... [máis]
Cartel do certame
O II Concurso de Comunicación Científica do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías abre a inscrición ata o 31 de outubro
Actualizada: 17-09-19 13:50
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) abre ata o vindeiro 31 de outubro, a inscrición no II Concurso de Comunicación Científica, a primeira das súas actividades organizadas no marco da Semana da Ciencia que terá lugar entre o 11 e o 15 de novembro. O obxectivo deste concurso é promover a cultura científica da cidadanía e, en particular, fomentar o interese ... [máis]
Cartaz do curso experto en desenvolvemento de habilidades empresariais promovido ao abeiro do proxecto Edison
A Aula Tic Pemes da USC e Cogami promoven un curso de habilidades empresariais para persoas con discapacidade física
Actualizada: 17-09-19 12:10
A Aula Tic Pemes da USC promove en colaboración con Cogami un curso de experto en desenvolvemento de habilidades empresariais orientado á participación de persoas con discapacidade física recoñecida e carentes de estudos superiores en xestión empresarial. Esta actividade formativa impulsada pola Aula Tic Pemes da USC ao abeiro do proxecto Edison procura favorecer a inserción e a integración ... [máis]
O reitor fai entrega do premio a Gómez Segade. Foto: Santi Alvite
A USC recoñece o labor do profesor emérito Xosé Antón Gómez Segade como pioneiro no uso do galego nas aulas
Actualizada: 16-09-19 15:05
O reitor Antonio López entregou este luns 16 de setembro o II Premio Luís Porteiro Garea destinado a recoñecer a promoción e uso do galego na USC ao profesor emérito e catedrático de Dereito Mercantil Xosé Antón Gómez Segade, quen destacou que “o galego é a nosa forma de estar no mundo, unha lingua vella e de moitas cores” que malia atoparse afectada por moitos riscos e unha sensible perda de falantes ... [máis]
De esquerda a dereita: Rubén Nogueiras e Miguel López. Imaxe de arquivo
Dous proxectos dos investigadores Miguel López e Rubén Nogueiras, financiados con preto dun millón de euros pola Fundación ‘La Caixa’
Actualizada: 16-09-19 18:00
Miguel López e Rubén Nogueiras, investigadores do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS), acaban de recibir cadansúa axuda na convocatoria Health Research 2019 da Fundación ‘la Caixa’ 2019, que supón financiamento por valor de preto dun millón de euros para ambos grupos de investigación da USC durante o período 2019-2022. A esta liña de axudas  ... [máis]
A semana de portes abertas na Área de Deportes estenderase do 17 ao 30 de setembro
Semana de portas abertas nas actividades deportivas da USC
Actualizada: 16-09-19 14:50
Do 17 ao 30 de setembro, a comunidade universitaria poderá coñecer de primeira man as actividades organizadas polo Servizo de Deportes de xeito gratuíto e libre. Será a través das xornadas de portadas apertas, coa excepción de natación e tenis. As persoas interesadas poden consultar os lugares e horarios de seguimento na web.

Esta iniciativa coincidirá coa celebración do Día Internacional do Deporte Universitario ... [máis]
De esquerda a dereita, Varela, Valcárcel, Argerey e Guaita, na EPS de Enxeñaría de Lugo
Pemade impulsa unha nova unidade mixta de investigación en economía circular da madeira e construción baixo enerxética
Actualizada: 16-09-19 13:22
A Plataforma de Madeira Estrutural (Pemade) da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) da USC impulsa xunto coa empresa Finsa (Financiera de Madera S.A.) e co apoio da Axencia Galega de Innovación (Gain) a unidade mixta de investigación Eixo, unha iniciativa a través da que se que pretende o desenvolvemento dun modelo de economía circular arredor da madeira para achegar valor e mellorar a competitividade ... [máis]
Alberto Bugarín recollendo o premio. Foto: CiTIUS
Premiado a nivel internacional un traballo do CiTIUS que fusiona dúas técnicas de Intelixencia Artificial
Actualizada: 13-09-19 10:58
A Asociación Internacional para os Sistemas Difusos (IFSA, polas súas siglas en inglés) vén de conceder un dos tres premios internacionais IFSA Journal Best Paper Award a un traballo desenvolvido integramente no Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS), no que os científicos do centro compostelán abordan o papel das descricións lingüísticas de datos na construción ... [máis]
O novo equipo decanal xunto co reitor e integrantes do seu equipo de goberno. Foto: Santi Alvite
Carmen Fernández Morante reivindica a transcendencia da Facultade de Ciencias da Educación para o futuro da educación en Galicia
Actualizada: 13-09-19 15:12
“Do que ocorra nos vindeiros anos na Facultade de Ciencias da Educación dependerá en boa medida o seu futuro, o noso futuro e, en parte tamén o futuro da educación en Galicia”. Carmen Fernández Morante expresou neste termos a responsabilidade coa que afronta o seu segundo mandato como decana desta Facultade no acto protocolario de toma de posesión que presidiu o reitor Antonio López na sede deste centro ... [máis]
Os asistentes visitan as novas instalacións das cátedras. Foto: Santi Alvite
Valle-Inclán e Valente dispoñen de novos espazos de seu na USC
Actualizada: 12-09-19 20:00
Os escritores Ramón María del Valle-Inclán e José Ángel Valente, figuras en torno ás cales xiran dúas das cátedras institucionais máis senlleiras da USC, gozan dende este xoves dos seus propios espazos na Facultade de Filoloxía. No caso da Cátedra Valente trátase dun espazo remodelado, mentres que a Cátedra Valle-Inclán goza por vez primeira dun lugar propio no que desenvolver a súa actividade e cuxa ... [máis]
Cartel da convocatoria
Probas de acceso da Aula de Teatro da USC
Actualizada: 13-09-19 10:47
A Aula de Teatro da USC celebrará celebrará entre os días 16 e 18 a convocatoria de acceso tanto para a obra que estreará no presente curso académico como para as actividades da Escola de Teatro. As probas comezarán ás 18.00 horas na Sala Roberto Vidal Bolaño no Auditorio da USC (Campus Vida).

O programa de actividades desta Aula, dentro da súa Escola de formación, contempla cursos de  ... [máis]
Estalmat-Galicia entrega este sábado as súas insignias de honra
Estalmat-Galicia entrega este sábado as súas insignias de honra
Actualizada: 16-09-19 14:45
O proxecto Estalmat-Galicia celebra este sábado, a partir das 13.15 horas, na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da USC, o acto de entrega das insignias de honra do proxecto Estalmat-Galicia a distintas persoas que teñan contribuído de xeito relevante ao seu éxito dende a súa posta en marcha hai doce anos. A vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da Universidade de Santiago de Compostela ... [máis]
O Servizo de Radioterapia Veterinaria da USC, unha unidade asistencial e formativa pioneira en España
O Servizo de Radioterapia Veterinaria da USC, unha unidade asistencial e formativa pioneira en España
Actualizada: 12-09-19 13:25
A incorporación dun novo acelerador lineal no Servizo de Radioterapia Veterinaria da USC convérteo nun servizo pioneiro en España neste tipo de terapia para animais. O reitor Antonio López presentou estas instalacións nun acto este xoves 12 no Laboratorio de Radiofísica da USC. Interviñeron ademais do reitor o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; o xerente do Hospital Veterinario ... [máis]
Por dimensión docente, a USC ocupa a posición 101-125 das mellores universidades de Europa
A USC repite posición entre as mellores universidades do mundo do ránking Times Higher Education
Actualizada: 12-09-19 14:43
De entre 1400 universidades de 92 países, o ránking Times Higher Education (THE) incorpora un ano máis a USC entre as mellores institucións universitarias do mundo, concretamente no intervalo 601-800, mantendo así a posición alcanzada nos últimos tres anos. A clasificación está elaborada en base a trece indicadores de rendemento estruturados en cinco áreas: docencia (30% da valoración final), investigación (30%), citacións (30% ... [máis]
Cartel da xornada
Alumni USC mantén aberto ata o 27 de setembro o primeiro prazo de inscrición para o IV Encontro de Intelixencia Emocional
Actualizada: 12-09-19 13:47
A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos Alumni USC organiza xunto co Instituto de Ciencias da Educación o IV Encontro de Intelixencia Emocional Enmente 4 que terá lugar o vindeiro 5 de outubro na Facultade de Ciencias da Comunicación. O primeiro prazo de inscrición con taxas reducidas permanecerá aberto ata o vindeiro 27 de setembro e pode formalizarse premendo nesta ligazón.

Os obxectivos xerais ... [máis]
A mostra xira ao redor do álbum de debuxos Trece estampas de la traición de Luis Seoane. Foto: Santi Alvite
Unha mostra en Fonseca rememorará dende este mércores o álbum ‘Trece estampas da traixón’ de Luis Seoane
Actualizada: 12-09-19 08:56
‘Trece estampas da traizón. 80 anos da súa publicación’ é un proxecto expositivo que a USC e a Fundación Luis Seoane presentan no salón artesoado do Colexio de Fonseca. A mostra xira ao redor do álbum de debuxos Trece estampas de la traición de Luis Seoane co que o artista galego sinalaba os responsables do golpe de estado de 1936 e poñía de manifesto a dramática situación da poboación civil ... [máis]
Cartaz do seminario sobre patrimonio cultural courelá 'Castrexos e romanos'
A Estación Científica do Courel aborda o patrimonio cultural local os días 27 e 28 de setembro no seminario ‘Castrexos e romanos’
Actualizada: 11-09-19 09:51
O patrimonio cultural courelá, así como a súa importancia e posta en valor, serán obxecto de análise e debate no marco da segunda edición do seminario ‘Castrexos e romanos’, un foro promovido desde o campus de Lugo da USC en colaboración coa Asociación de Desenvolvemento Rural do Courel e a Deputación Provincial de Lugo, que se desenvolverá os días 27 e 28 de setembro na Estación Científica do Courel ... [máis]